Un carril da Ronda e varias rúas da cidade permanecerán cortadas o vindeiro domingo pola mañá

O Gabinete de Tráfico da Policía Local informa do corte ao tráfico rodado de varías rúas da cidade pola celebración do I Medio Maratón Cidade de Lugo, proba organizada por un xornal e en colaboración co Concello. Celebrarase o domingo 14 de maio de 2017, con horario de inicio ás 10:00 horas e finalización sobre as 12:30 horas.

Para a montaxe e desmonte da infraestrutura, é necesario proceder ao corte do tráfico rodado na Praza do Ferrol dende as 06:00 ata as 13:30 horas. Nas demáis zonas o corte será de 09.30 a 12.30, previsiblemente.

Debido á duración do corte e que o evento é coincidinte coa celebración do partido da Liga no Anxo Carro entre o Club Deportivo Lugo e o UCAM Murcia, co fin de minimizar os efectos sobre o tráfico rodado e o transporte público, permitirase a circulación polo carril dereito da Ronda da Muralla, segundo o sentido de circulación, dende a rúa San Roque ata San Fernando. Neste tramo, o carril esquerdo, será acoutado con conos para os corredores. O resto do circuíto estará pechado dende as 09:30 ata as 12:30 horas.

Na zona afectada polo corte, non poderán circular residentes entre as 09.30 e as 12:30 horas, soamente permitirase a saída controlada por parte da Policía Local do Centro histórico e da zona do Parque Rosalía de Castro – Recatelo a través da rúa do Teatro e Armando Durán.

 

Rúas afectadas polo corte

A proba dará comezo ás 10.00 horas de diante do Cuartel de San Fernando, seguirá pola Ronda da Muralla e irá pola Rúa Santiago para continuar por Frei Plácido Rei Lemos. Os corredores rodearán o Parque de Rosalía por Vila de Foz, Doutor Portela e Rodríguez Mourelo, para seguir pola avenida de Ramón Ferreiro (ida), cambio de sentido á altura da rúa Cornubia, avenida de Ramón Ferreiro (volta), Anxo López Pérez e Ronda da Muralla. Este percorrido se fará catro veces e a 5ª e última volta será polo adarve da Muralla a través da Porta Santiago. Por último a meta será, previsiblemente, ás 12.30 horas na Praza de Santa María por Pío XII e Bo Xesús.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com