Un caso activo menos de Covid-19 na área sanitaria de Lugo e 32 máis en Galicia

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade con respecto ao coronavirus, a área sanitaria de Lugo baixou nun caso activo, situando o número de casos en 72; pola contra o número total de infectados pola Covid-19 aumentou en 32 con respecto a onte, o que deixa a Galicia con 444 casos; deles  177 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 34 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 78 da área de Vigo, 35 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 260.785.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com