Un caso activo menos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas, o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo é de 17, un menos que onte.

En Galicia e segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 341, 2 menos que onte; deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 29 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 335 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.518 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 163.569.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com