Un cemiterio de Paradela, único con todas as lápidas en galego

O cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, no concello de Paradela, ten a honra de ser o único camposanto en Galicia que ten todas as súas lápidas en galego. Por esa razón, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia xunto ao concello paradelense organizan un acto no municipio de reafirmación do uso do idioma galego. ESta xornada terá lugar o vindeiro xoves día 31 de outubro, na véspera do Día de todos os Santos.

O acto comezará na Casa consistorial, en torno ás 12 do mediodía, onde alcalde, José Manuel Mato, dará a benvida aos participantes e aos paradelenses que desexen sumarse á celebración. De seguido, os presentes terán a oportunidade de asinar a acta de Reafirmación de galeguidade que se vén suscribindo neste tipo de acto e na que se declara querer que a súa despedida vital, funeral e todas as cerimonias de despedida da vida se realicen en galego, participando así na iniciativa En Galego, agora e sempre.

O Presidente da Asociación de Funcionarios para a normalización lingüística, Xosé González Martínez e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (entidade colaboradora), Valentín García; porán fin coas sus palabras a este acto, xusto antes de desplazarse todos os asistentes ao cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubrirá unha placa que deixará constancia desta celebración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com