Un centro de día e a posta en marcha do Polígono propostas do Psoe para Taboada

O PSOE de Taboada construirá e porá en marcha un centro de día para os maiores do Concello. Así o informou o candidato socialista á alcaldía, Roi Rigueira, no mitin celebrado este sábado no Concello, no que tamén participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada Provincial de Pontevedra, Isaura Abelarias, natural deste concello.

Rigueira subliñou a necesidade desta dotación para “o impulso do benestar social dos veciños e da economía, pois ademais de ofrecer atención profesional diaria, co centro de día xeraremos empregos directos no noso municipio. Este será un dos nosos proxectos clave para facer fronte ao despoboamento demográfico, acadando un rural vivo e dinámico, no que se poida vivir, traballar e ter futuro”. No eido dos servizos sociais, o candidato do PSOE destacou que reforzarán o SAF ampliando o número de horas para atender a demanda actual.

“Poremos en marcha o polígono industrial desbloqueando a actual situación e aproveitando o terreo existente para favorecer o asentamento de novas empresas ou a ampliación das existentes. Taboada ten que ser un Concello que favoreza a instalación de diferentes iniciativas empresarias para dinamizar a economía”.

Transparencia e participación veciñal

Roi Rigueira destacou que “queremos que o Concello de Taboada estea ao servizo de toda a veciñanza, con transparencia e participación cidadá na elaboración dos orzamentos e proxectos municipais. Imos acabar coa desidia e a falta de interese do Alcalde do PP, que durante estes 10 anos non fixo nada porque Taboada avanzase. Seguimos igual. Estancámonos. Por iso é necesario un cambio de modelo e de políticas o próximo 26 de maio, porque o futuro de Taboada comeza ese día”.

Dous millóns de euros da Deputación

Santos Ramos puxo en valor os 2 millóns de euros achegados polo PSOE dende o Executivo Provincial. Os socialistas detallaron varias das actuacións como a mellorar de camiños, estradas e alumeados, dotar de herba artificial ao campo de fútbol de terra e renovar o campo de herba natural ou equipar de novo mobiliario o Concello.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com