Un turismo chocou contra unha árbore no Alto de Garabolos. Ata alí acudiron os bombeiros da cidade ante o temor de que houbese persoas atrapadas no interior do coche.
Finalmente, segundo confirmaron ao 112 Galicia, os ocupantes estaban liberados e accesibles e estaban xa sendo atendidos polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.