Esta pasada noite produciuse un aparatoso accidente entre dous vehículos na confluencia entre Rei Don García e Pintor Laxeiro, no que un dos coches implicados na colisión resultou calcinado.
A policía, que acudiu ao lugar dos feitos, alertada por unha persoa que avisou do accidente, levantou atestado e puido comprobar, logo da pertinente proba de alcoholemia, que un dos condutores daba positivo en dita proba. Os axentes da orde deron traslado ao xulgado do atestado do accidente, para que este instrúa as dilixencias oportunas.