Un debuxo da lucense Laura Giz Castro, de 7 años, alumna do Colexio dos PP. Franciscanos, ilustra a felicitación de Nadal do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, como gañador no concurso de debuxo infantil convocado polo Colexio con este fin.
No debuxo aparece un computador que reflicte na pantalla a escea do Portal de Belén. Da arbore de Nadal penduran artiluxios tecnolóxicos, e os copos de neve, que caen así como as raiolas da estrela de Belén, están formados por uns e ceros, elementos básicos da linguaxe utilizada en informática. O premio que recibiu a precoz artista, foi unha tablet, e a difusión do seu traballo na web do colexio e en todas as súas felicitacións do Nadal.
O pasado ano, Laura xa obtivera o premio convocado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo co gallo destas mesmas festas.