Este venres produciuse un desprendemento de pedras na estrada provincial LU-P-3505 que dá acceso ao núcleo de O Piornedo, no Concello de Cervantes.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión de Territorial, ordenou que de maneira inmediata se desprazasen os medios humanos e materiais necesarios, co fin de comezar xa no día de hoxe cos traballos para despexar a vía, cortada á altura do punto quilométrico 16,100, a uns dez quilómetros de O Piornedo debido ao derrubamento.
A previsión é que as tarefas para liberar a estrada continúen durante unha semana aproximadamente.
Durante o tempo no que a estrada permaneza cortada, as persoas que queiran acceder a O Piornedo deberán facelo por Becerreá e continuar por Doiras, Degrada e Campa da Graña. Hai que ter en conta que os vehículos que entren pola parte de Navia de Suarna, non poderán continuar pola estrada provincial ao Piornedo, tendo que desviarse antes pola estrada autonómica de Navia a Becerreá e continuar despois polo itinerario descrito.
Xan 01, 2021 - 05:46 PM
Vergonzoso el estado en general de las carreteras de la Parroquia de Donis (Concello de Cervantes). Es tan en un estado lamentable y muy peligroso. La administración competente debería de tomar nota y actuar
Xan 01, 2021 - 08:27 PM
Ir de Campa da Braña a Piornedo es un suplicio, entre la estrechez de la carretera y el mal estado del firme, todo lleno de baches.