Un día máis sin casos de Covid-19 en Lugo

Os números son os mesmos que onte e antonte, 622  son os casos que ten Lugo e provincia nestes intres. Non hai nin altas nas UCI,  sete so as persoas que permanecen nestas unidades de coidados intensivos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, deles 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 569 da de Pontevedra, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 87.824.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com