Un día máis volven baixar os casos activos por Coronavirus na área de Lugo

A cifra de infectados por Covid-19 na área de Lugo, sitúase en 240 persoas , cinco menos que onte. A baixada, aínda que lenta, vaise impoñendo e todo parece indicar que a pandemia camiña cara o final, aínda que onte houbo 15 novos casos confirmados, polo que é necesario non baixar a garda.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.851, deles 333 son da área da Coruña, 158 da de Ourense, 212 da de Pontevedra, 488 da área de Vigo, 324 da de Santiago e 96 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 69 en unidades de hospitalización e 1.767 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.117 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.278.324; o de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.027.052.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com