Un escudo romano o cartel do Arde Lvcvs MMXVI

O Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deron a coñecer este venres o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXVI, que ten como motivo principal e por primeira vez, un escudo romano.

O deseño gañador, Scvdo, obra do albaceteño Roberto Campos, foi seleccionado por un xurado profesional do que formaron parte un fotógrafo, un deseñador gráfico e un membro da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Pradero, Enrique Bonet e Alejandro Carro, respectivamente. O fallo produciuse na Casa da Xuventude, onde se atopan expostos os 53 traballos presentados ao concurso convocado polo Concello, unha vintena máis que a pasada edición. O cartel gañador recibirá un premio de 1.000 euros.

A rexedora e a edil amosaron a súa satisfacción pola alta participación neste certame do que por cuarto ano sae a imaxe oficial desta festa declarada de Interese Turístico Galego, que este ano se celebrará entres os días 16 e 19 de xuño. “Trátase dun deseño que reflexa os valores que queremos que destaquen desta festa”, manifestaron, ao tempo que fixeron fincapé na importancia do Arde Lvcvs para Lugo, que o pasado ano deixou uns 6 millóns de euros na cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com