Un ferido ao colisionar cinco vehículos na A6 en Guitiriz

Unha colisión múltiple de cinco vehículos tivo lugar esta mañá ao fío das 7.30 horas no punto quilométrico 535 da A-6, á altura de Guitiriz en dirección Madrid. Así o informou o 112 Galicia que tivo coñecemento deste feito no que se viron implicados dous turismos, dúas furgonetas e un camión cisterna e que se saldou cunha persoa ferida que tivo que ser evacuada ao HULA.

As cargas das furgonetas e o camión, así como o resto de ocupantes dos vehículos non se viron afectados, según soupo o 112. O que si condicionou o accidente foi a circulación do tráfico que se viu interrompida nun carril da autovía.

Foi un dos implicados no sinistro quen alertou ao 112 Galicia ás 7:25 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da autovía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com