Un ferido grave tras unha colisión frontal no corredor do Páramo

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a un home que resultou ferido grave tras producirse unha colisión frontal no corredor do Páramo, en Lugo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso despois de recibir a alerta dos profesionais sanitarios cando estaban a piques de dar as catro da tarde. Segundo indicaron, a colisión entre os dous vehículos produciuse na LUP- 4304, á altura do lugar de Caneiro. Como consecuencia do impacto, un sesaxenario resultou ferido grave e mesmo tivo dificultades para saír do vehículo, polo que, desde o CIAE 112 Galicia, pediuse a colaboración dos bombeiros de Sarria.

Cando chegaron ao lugar do accidente, comprobaron que o ferido estaba xa fóra do coche, así que prestaron axuda ao equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias, que se desprazou ao lugar do accidente a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Tamén, desde o CIAE 112, informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal de limpeza e mantemento do titular da vía, neste caso, a Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com