Un gran número de altas médicas axuda a descender o número de casos activos de Covid

A Covid 19 retrocedeu lixeiramente no seu avance durante o día de onte. A suba de contaxios ata os 80 nun só día (16 máis que na xornada do luns) freou unha caída de casos activos que podía ser maior, pero que rexistrou, tan só no día de onte, 42 infeccións menos. Isto quere dicir que o virus, por primeira vez en semanas, frea o seu avance e, chega a baixar ata os 2093 casos. 

Este descenso debeuse ao gran número de altas médicas, 118 nas últimas horas, que, xunto con dous falecementos contribuiu a reducir o número de pacientes con infección activa. 

Con todo, a presión asistencial continúa en aumento, como era de esperar. Mentres que en planta de hospitalización seguen a contabilizarse 70 pacientes covid, 45 deles no HULA, 17 en Monforte, 7 na Mariña e 1 no Polusa, nas unidades de críticos a cifra sobe ata os 25 pacientes dos cales 23 están no Lucus Augusti e dous no Hospital da Costa.

Como dicíamos hai que lamentar dous novos falecementos nas últimas horas. En total, o paso do virus pola provincia xa se saldou con 185 mortes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com