Un helicóptero de Salvamento rescata a dous homes que caeron ao mar tras afundir a súa embarcación en Viveiro

Dous homes tiveron que ser rescatados nunha das aeronaves de Salvamento despois de que a súa embarcación afundise fronte á Illa da Insua, no concello de Viveiro.

A poucos minutos da unha da tarde, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que estaba a escoitar berros procedentes do mar, preto da praia lucense de Area. Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso ao posto de Salvamento Marítimo de Fisterra, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e Local de Viveiro, aos axentes da Garda Civil, aos membros de Protección Civil do municipio e aos profesionais do 061.

Intres máis tarde, Salvamento Marítimo confirmou que o seu helicóptero de rescate Pesca-II acababa de rescatar a un home da auga e que había outro que conseguira chegar ata as rochas. Con todo, ambas persoas, que se atopaban facendo pesca deportiva, foron evacuados ata o Hospital de Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com