Esta madrugada unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiu á rúa Pintor Villamil por un mozo que se adicaba a golpear as portas dos edificios.
Os axentes atoparon a esta persoa, un home de 31 anos en evidente estado de embriaguez, que golpeara as portas xa que non podería abrir coas chaves que tiña na súa vivenda. Coa axuda dos axentes puido abrir a porta do portal e a da súa vivenda, quedando no seu interior xa que rexeitou asistencia facultativa.
Outra intervención
Onte á tarde unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudiu a un establecemento da rúa Quiroga Ballesteros por unha persoa que sentou no chan do local e se negaba a levantarse.
Os axentes, que acharon ao home sentado no chan en evidente estado de embriaguez, procederon a incorporalo e acompañárono ao exterior, quedando sentado nun banco xa que non necesitaba asistencia facultativa.