A mordedura dunha serpe obriga a evacuar a un varón en helicóptero medicalizado en Cervantes.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o incidente tivo lugar preto das seis horas da tarde de hoxe cando o home facía a ruta de Piornedo ao Mustallar, no concello de Cervantes.
Debido a que o ferido se atopaba nunha das partes altas da montaña e lonxe dun acceso directo por terra, o equipo médico decidiu mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para evacualo.
Así, dende o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Cervantes.
A aeronave tomou terra próximo ao lugar dos feitos e puido trasladar ao ferido ata o centro médico.
Xuñ 20, 2020 - 10:54 PM
Que incidente?
Xuñ 20, 2020 - 11:36 PM
Mariña Rodriguez Ferrer un home mordido por unha serpe po los Ancares