Un home resultou ferido esta tarde en Sarria ao acoplar un apeiro de labranza ao tractor que neses intres estaba manexando. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a toma de forza do vehículo agrícola se lle enganchou na roupa do varón producíndolle feridas nas pernas.
Debido á gravidade das feridas, o 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar dos feitos, no lugar de Farbán.
O 12 Galicia tivo constancia do acontecido sobre ás 14.30 horas a través da alerta do persoal sanitario. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, Protección Civil e dos Bombeiros de Sarria. Finalmente, o ferido foi trasladado no helicóptero ata o HULA.