Un home faleceu onte pola tarde tras envorcar o tractor co que desbrozaba unha leira no lugar da Vacariza, na parroquia guitiricense das Negradas.
Pouco despois das 19.30 horas, un familiar do falecido avisou ao 112 tras comprobar que o home quedara atrapado do tractor que estaba manexando. Ata o lugar dos feitos trasladáronse os bombeiros de Vilalba, o GES de Friol-Palas, axentes da Garda Civil, Protección Civil de Guitiriz e unha ambulancia, que traballaron en conxunto para liberar o corpo da persoa, pero os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do implicado.