Un home e o único ocupante dun turismo perdeu a vida na tarde de onte nun choque no que se viron implicados o coche no que circulaba e un camión. Ocorreu na vía de altas prestacións que une Lugo e Monforte á altura do Oural. Segundo indicou o 112, debido ao accidente, foi necesario cortar o tráfico na vía en ambos sentidos da circulación e desviar aos vehículos pola saída do Oural.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente en torno ás 18:25 horas, momento en que unha persoa particular alertaba do sinistro. Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.