Un home que resultou ferido de consideración despois de ser atropelado, faleceu pouco despois. O sinistro produciuse ao alcanzalo un turismo na localidade lucense de Maceda, no concello de O Corgo. Os feitos ocorreron sobre as 08:00 horas de esta mañá, na estrada LU-546, no punto kilométrico 10.
Foi a esa hora, cando un particular solicitou asistencia sanitaria para un home que acababa de ser atropelado, indicando, ademais, que o home quedara inconsciente.
Enseguida, dende o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e á Guardia Civil de Tráfico.