Un home perde a vida despois de sufrir unha saída de vía co seu turismo en Abadín

Un home faleceu na mañá de hoxe ao saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia, no concello de Abadín.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular cando estaban a piques de dar as oito horas. Segundo a información facilitada pola testemuña do sinistro, a persoa estaba inconsciente –aínda que liberada e accesible- despois de sufrir unha saída de vía co seu turismo.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Cómpre sinalar que os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil de Tráfico tamén foron avisados polos xestores do 112.

Desafortunadamente, ao chegar ao lugar do acciidente, os equipos de intervención soamente puideron confirmar o falecemento da única persoa ocupante do turismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com