Un accidente de tractor deixa un falecido na parroquia de Riomol, no concello de Castroverde.
Ao redor das 20:00 horas da tarde de onte, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dos feitos, a través da chamada dunha persoa particular. Segundo o seu relato, a vítima encontrábase atrapada debaixo do vehículo que envorcara nunha finca.
De inmediato, os profesionais do 112 Galicia solicitaron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Aínda así, non foi precisa a súa intervención posto que só se puido confirmar o falecemento da persoa.
Tamén ata ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Becerreá, tras ser alertados polo 112 Galicia.