Un home perdeu a vida logo de caerlle unha póla dunha árbore enriba en Lugo

Os feitos tiveron lugar pasados 10 minutos despois das 13:00 horas, cando un particular contactou co 112 Galicia para informar dun accidente no Veral, en Astariz. Segundo indicou, á vítima caéralle unha póla enriba cando estaba a cortar unha árbore, o que fixo que quedase atrapado pola rama.

Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Lugo e á Policía Nacional.

Unha vez os servizos de emerxencias acudiron ata a zona, estes só puideron confirmar que a vítima atopábase falecida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com