Un home de idade avanzada resultou ferido de consideración a pasada tarde en Antas de Ulla ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba, que rematou envorcado.
Os feitos sucederon no lugar de Velanxil, na parroquia de Peibás, ao fío das 19:05 horas.
Debido á gravidade das lesións do home accidentado, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima, aínda que finalmente o varón foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Nada máis recibir a alerta a través dos servizos sanitarios, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Monterroso, dos Bombeiros de Chantada e da Garda Civil.