Un home resulta ferido ao pasarlle por encima a roda dun todoterreo en Antas de Ulla

Un home resultou ferido esta mañá en Antas de Ulla ao pasarlle por encima dunha perna a roda dun todoterreo. Ocorreu nunha leira próxima á estrada que une esta localidade e Vilasión, ao fío das 9:25 horas.

Nese momento, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Chantada, dos efectivos do GES de Monterroso e dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron ao 112 Galicia que o home accidentado estaba accesible.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home ferido foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com