Un home resulta ferido de gravidade despois de bater a furgoneta que conducía contra un camión

Un home que viaxaba nunha furgoneta resultou ferido de gravidade a pasada tarde en Sarria ao chocar contra un camión. Segundo indicou o 112 Galicia, os bombeiros da localidade utilizaron o material de excarceración para liberalo, tras quedar atrapado no interior do vehículo.

Segundo puido saber o 112 Galicia, debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao ferido.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 24 da CG-2.2, en sentido a Monforte, ao fío das 20:30 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada, que se encargou de limpar a estrada ao producirse unha pequena vertedura de combustible procedente do depósito do camión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com