Un home resultou ferido esta tarde no Vicedo ao saírse da vía e caer por un terraplén duns catro metros o turismo no que viaxaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Viveiro fixeron uso do material de excarceración para liberalo e, unha vez accesible, o home accidentado foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital de Burela.
O sinistro produciuse preto das 14:00 horas no lugar de Suaigrexa. Foi a esa hora cando unha persoa particular daba conta ao 112 Galicia dos feitos e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Viveiro, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo.