Un incedio calcina unha vivenda en Pantón

O suceso ocorreu en Pantón, concretamente no lugar da Vila, uns minutos antes das 4:00 horas.

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa composta por tres vivendas provocou danos nunha delas, sen que se rexistrasen danos persoais.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio a través da chamada dunha persoa particular, o que permitiu activar un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Chantada e os de Monforte de Lemos, ademais dos axentes da Garda Civil. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o incendio quedou extinguido ao fío das 8:50 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com