O incendio comezou esta maña ao redor das 6:30 horas e polo momento os servicios de emerxencia aínda non puideron controlalo.
Todo parece indicar que o lume comezou nas instalacións da nave de Castro Parga e segundo a información recollida no 112 Galicia, dita nave ardeu por completo e o lume está a afectar a outras lindeiras, na Avenida da Industria, sen que se rexistrasen danos persoais.
Foi ao fío das 6:40 horas cando o 112 Galicia recibiu a alerta do incendio a través da Policía Nacional.
A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Lugo e de Vilalba, do persoal de incendios forestais, da Policía Local, de Protección Civil e, como medida preventiva, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Nestes momentos, os servizos de emerxencia continúan traballando arreo na extinción do incendio.