Un incendio calcina diversos vehículos e maquinaria agrícola a carón dunha nave na Pastoriza

Unha cisterna, dous remolques, unha grade, unha segadora, dous tractores e unha rotativa arrastrada resultaron afectadas por un incendio orixinado nun tractor parado a carón dunha nave situada no lugar de Bretoña, na Pastoriza.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso á 1:18 horas de hoxe mediante a chamada de alerta dun veciño que solicitaba medios para a extinción dun lume orixinado fóra dunha nave destinada ao almacen de maquinaria agrícola. Así, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Vilalba, que traballaron na extinción do incendio ata as catro da madrugada, xunto cos voluntarios de Protección Civil de Meira.

Finalmente, as lapas devoraron por completo os tractores e causaron importantes danos no resto da maquinaria agrícola que se atopaba no exterior da nave. Por fortuna, ninguén resultou afectado.

Ademais, unha vez remata a súa intervención no incendio da Pastoriza, os Bombeiros de Vilalba acudiron a outro lume iniciado no garaxe dunha vivenda en Guitiriz.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio produciuse pasadas as catro da madrugada no lugar da Paderna e resultou calcinada a cocheira e viuse afectada a fachada da casa. A maiores, o intenso fume provocado polo incendio alcanzou a dúas habitacións que daban a esa parte da casa, o que obrigou aos bombeiros a ventilar tamén no interior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com