Un incendio causa danos materiais nunha vivenda en Sarria

Un incendio declarado no interior dunha casa no concello de Sarria calcinou case por completo o baixo da vivenda na pasada noite. Malia a que non houbo que lamentar danos persoais, os propietarios foron orientados polos bombeiros a non pasar a noite no domicilio por mor da acumulación de fume.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 22:15 horas. Ata o lugar dos feitos desprazáronse  os Bombeiros de Sarria e axentes da Garda Civil. Os membros de Protección Civil tamén foron alertados polos axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias por se fose necesaria a súa colaboración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com