As tarefas de extinción prolongáronse horas: desde que o 112 Galicia recibiu alerta ás tres da madrugada ata case as oito desta mañá.
Con todo, as consecuencias deste incendio son irreparables, xa que botouse a perder tanto a estrutura como todo o que había dentro.
Por fortuna, ninguén resultou afectado, e, de momento, descoñécense as causas. Iso si, o incendio provocou a alarma na contorna, proba delo son as chamadas que se recibiron no 112 Galicia apenas uns minutos despois das tres da madrugada. Todas as persoas que contactaron co servizo de emerxencias coincidían plenamente na localización e descrición dos feitos. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Viveiro e dos membros do GES de Cervo. Tamén pediuse colaboración aos compañeiros do parque de Barreiros, sen embargo, axiña o dispositivo que xa traballa no punto confirmou o control das lapas.
Aínda así, a completa extinción do lume prolongouse durante horas, ata as oito desta mañá, pois permanecían pequenos focos que era necesario atallar e refrixerar. As consecuencias foron un estaleiro con tres compartimentos reducido totalmente a cinzas.