Un incendio calcinou onte pola tarde unha palleira situada no lugar de Celeirote, en Cospeito. Ao lugar dos feitos desprazáronse os bombeiros de Vilalba que traballaron durante toda a tarde para extinguir o lume que se iniciou no alpendre onde se almacenaban apeiros de labranza e unha gran cantidade de alpacas de herba. Precisamente, foron as alpacas as que retrasaron e complicaron as tarefas de extinción.
O 112 Galicia foi coñecedor do incendio sobre as 3 da tarde de onte, gracias a varios particulares que chamaron para pedir axuda. Indicaban, ademáis, que había casas próximas que podían chegar a correr o mesmo risco. Afortunadamente, segundo explicaron os bombeiros, ningunha casa do redor viuse afectada, malia que o alpendre ardeu por completo así como a variada maquinaria agrícola e algunhas das alpacas que alí había almacenadas; ademáis da estrutura da palleira, que colapsou.
Ao fío das 8 da tarde, os bombeiros de Vilalba finalizaron as tarefas de extinción.