Un individuo fuxe da policía logo de facerlle un test de alcol e drogas

Sobre as 4,00 horas desta madrugada unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectaba a circulación irregular dun vehículo pola rúa Santiago.

Ante tal situación os axentes proceden a darlle o alto. Unha vez detido o vehículo, observan que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcolemia; como resultado das mesmas o condutor da  positivo en alcol cun índice de 0,67 mg/l. A continuación fáiselle o test de drogas, dando un resultado positivo en metanfetaminas.

Unha vez finalizadas as probas procédese á instrución de dilixencias por delito contra a seguridade viaria, e realízase a súa identificación. De súpeto o individuo foxe do lugar ás carreiras, sendo perseguido polos policías que o perden de vista nas inmediacións do río Miño.

A posteriori comproban que o condutor achegara datos falsos, polo que se realizan investigacións, logrando os axentes identificar á persoa fugada, como un home de 31 anos de idade, veciño dunha localidade próxima a Lugo, que  carece de permiso de condución, por non obtelo nunca, e  instrúenselle dilixencias polos seguintes delitos: condución baixo a influencia do alcol e lanzar altas taxas nas probas de alcoholemia realizadas; conducir carecendo de permiso de condución e suplantación de identidade. O vehículo quedou inmobilizado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com