Un indixente acoitelou a outro cun fouciño durante a fin de semana nunha casa ocupada no barrio lucense de A Chanca. Así o informou a Policía Nacional logo de deter ao agresor que asestara á vítima unha coitelada no pulmón. Os feitos tiveron lugar en torno ás 2 da madrugada do domingo nunha vivenda unifamiliar do barrio da Chanca na que vivían de ocupas. Foi unha muller a que avisou ao 112. O persoal sanitario conseguiu estabilizar á vítima e trasladala ao HULA.
O agresor, pola súa banda, ingresou onte en prisión despois de prestar declaración no xulgado.