O Concello de Navia de Suarna acolleu hoxe a presentación do libro Aldeas e Vales da Serra de Ancares. O territorio desde dentro, un documento de investigación que recolle unha síntese da tese doutoral de Vanessa Fernández Fernández, na que amosa unha investigación critica, pero tamén positiva, comprometida e valente con esta comarca. Pero, sobre todo, a obra convértese nunha defensa da vida e das persoas dos territorios rurais e de montaña, especialmente daqueles máis afastados, lugares esquecidos pero vitais pra o futuro e o benestar da sociedade.
O libro percorre as aldeas e os vales da serra das Ancares (León e Lugo), a través das palabras dos seus veciños; amosa a súa realidade e as súas paisaxes presentes, pasadas e futuras desde dentro do propio territorio e contrasta esa mirada vital coas miradas externas, puntuais e interesadas que, ao longo do tempo, estudaron este espazo. As imaxes estereotipadas construídas desde fóra son confrontadas coa vida cotiá destes lugares e póñense de manifesto os verdadeiros problemas e necesidades da poboación local.
Aldeas e Vales da Serra de Ancares. O territorio desde dentro, recolle en 177 paxinas, unha séntese da tese doutoral defendida no ano 2013 por Vanessa Fernández Fernández na Universidade de Salamanca, que inclúe fotografías, gráficos, táboas e prólogo do Catedrático de Xeografía da Universidade de Salamanca, Valentín Cabero Diéguez. O texto esta estruturado a partir dunha introdución, no marco teorizo da investigación, a presentación da zona de estudo, a descrición do territorio, a mirada interceptada:imaxinado o territorio, a mirada social e por último as conclusións e a bibliografía. O texto orixinal da tese doutoral consta de 600 páxinas.
No acto de presentación estivo presente o alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, o presidente do Executivo Provincial, Darío Campos, e a autora do texto, Vanessa Fernández, doutora en Xeografía pola Universidade de Salamanca e licenciada en Xornalismo e Humanidades.