Un lume calcina un ático en Chantada e propágase ás vivendas lindeiras

Un incendio arrasou por completo un ático e afectou ás vivendas lindeiras. Ocorreu ás 20:15 horas de onte en Chantada.

O lume iniciouse no ático do número sete da Rúa Formoso Lamas e estendeuse ás casas situadas a cada lado. A unha resultoulle afectado o tellado e á outra o canalón. A peor parte foi para o ático, que quedou inservible. Por fortuna, ninguén resultou ferido, pese a que a vivenda estaba ocupada no momento de producirse o incendio.

Foi, precisamente, o ocupante quen chamou ao 112 Galicia para informar dun incendio no seu tellado. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros de Chantada, que, poucos minutos despois, conseguiron controlar as lapas.

Ademais, os xestores do 112 pediron a colaboración dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com