Un milleiro de persoas de todas as idades participa nas actividades deportivas enmarcadas dentro da programación de Animación Sociocultural, organizada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira. Trátase dunha programación coa que o Concello pretende ofrecer unha alternativa aos veciños e veciñas de Lugo que queiran optar polo ocio saudable e a aprendizaxe de novas habilidades para ocupar o seu tempo de lecer.
As actividades, comezaron no pasado mes de outubro e estenderanse ata maio, desenvolvéndose nos 7 centros de convivencia municipais. Así, no de Fingoi pódese practicar pilates, bailes de salón, ximnasia e taichi, no de Lamas de Prado, pilates, ximnasia, relaxación e bailes latinos, no de María Balteria, pilates, ximnasia, tai chi, e bailes de salón e no Maruja Mallo, piscomotricidade e baile moderno, de salón e latino, así como pilates, aerobic e relaxación. Pola súa banda, o centro de convivencia da Milagrosa acolle sesións de bioximnaisa e ximansia, ioga e técnicas de relaxaxión, pilates e bailes de salón. Por último, no Uxío Novoneyra, practícase ximnasia, pilates, relaxación e bailes de salón. As actividades con máis participantes son ximnasia e baile, con máis de 260 e 230 practicantes, respectivamente, seguida de pilates con 150.
González Abelleira amosou a súa satisfacción polo éxito que teñen estes talleres deportivos, que axudan ademais á socialización entre veciños e veciñas de distintas idades. “É vontade deste goberno seguir apostando polo benestar social, de aí o amplo abano de actividades que ofrecementos, tanto lúdicas como socioeducativas e físicas, que permiten abrir camiño cara unha integración real, indispensable para a sociedade inclusiva que queremos alcanzar”.