A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo comandante xefe da Garda Civil, Carlos Barcelo García, que estivo acompañado durante a visita polo coronel xefe, Miguel Ángel González Arias.
A subdelegada deulle a benvida a Lugo e desexoulle os maiores éxitos na nova responsabilidade que asume, xa que desde o seu posto de mando contribuirá á organización do traballo da Garda Civil na provincia e a garantir a seguridade e á convivencia tranquila de todos veciños aos que dá servizo a Benemérita.
Carlos Barcelo García farase cargo da Xefatura de Persoal e Apoio da Comandancia da Garda Civil en Lugo. A súa incorporación á Comandancia, onde sustitúe a José María Rico Rois, tralo seu pase á reserva, débese ao seu ascenso a comandante.
O comandante Barcelo García é natural de Cartaxena (Murcia), ten 37 anos e procede da Academia Xeneral Militar. O seu anterior destino como capitán foi a Unidade Técnica de Policía Xudicial en Madrid.