Os feitos tiveron lugar no termo municipal de Begonte, cando un operario que realizaba traballos forestais no lugar de Vila, na parroquia de San Vicente de Pena, tivo que ser evacuado despois que unha árbore lle caera enriba.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:00 horas, ao recibir a chamada de alerta dun particular que solicitaba asistencia médica urxente para o traballador ferido. Malia que nun principio o alertante informara da posibilidade de que o operario estivera atrapado, finalmente, os servizos de emerxencias desprazados ata o lugar confirmaron que o traballador atopábase liberado e accesible.
Ademais do equipo sanitario, acudiron á zona os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil. Deste xeito, o operario foi evacuado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti.