A un día de tocar para o público do Eroradio Folk Festival 2018, de Moscova (Rusia), o grupo de folk galego Brath, aproveitou a xornada de hoxe para pasear pola capital rusa e inspirarse antes de saír, mañá, a escea.
O grupo, único representante do Estado español neste certame, fixo posible esta andaina grazas á colaboración do Agadic da Xunta de Galicia e AIE.