Un pescador cae á auga cando trataba de recuperar a súa cana no encoro de Belesar no Páramo

Ocorreu pouco despois das 16:30 horas: o alertador explicou ao 112 Galicia que estaban pescando no encoro de Belesar, no Páramo, cando o desaparecido perdeu a súa cana. Ao tratar de recuperala acabou caendo á auga. Un amigo que pescaba con el foi quen chamou ao 112 logo de ser incapaz de axudalo e perdelo de vista. Foi nese momento cando relatou os feitos aos xestores Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e engadiu que el estaba na beira e precisaba asistencia sanitaria.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar e atendeu ao alertador, que quedara ferido na beira tras tratar de rescatar ao seu compañeiro.

Ao mesmo tempo, os bombeiros confirmaron que localizaran a cana de pescar, pero non ao desaparecido. Pola súa banda, a Garda Civil coordina o operativo e envía a varios efectivos do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) e unha unidade de drons.

Nestes momentos, os servizos de emerxencias continúan coas tarefas de busca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com