Un Resurrection Fest adaptado ás circuntancias do Coronavirus celebraráse do 21 ao 30 de agosto

Viveiro volverá contar co evento musical máis importante do ano na vila mariñá, cunha nova edición do Resurrection Fest. Aínda que desta volta cun formato diferente por mor do andazo do Coronavirus. Os concertos, con aforo reducido, serán de pago e gratuítos, e con todas as medidas de seguridade actuais para eventos musicais e adaptados á nova normalidade, con actuacións máis persoais e íntimas, aforos reducidos, distancia de seguridade e uso obrigatorio de máscaras para o público e traballadores.

Estes concertos terán lugar no recinto do Resurrection Fest, adaptado especialmente para estes eventos, que estará limitado e controlado en todo momento. Haberá un só escenario e terán aforo de máximo 800 persoas. Seguindo a normativa, haberá un período de acceso ao recinto e acomodación graduada de ata hora e media. Entre os concertos principais que se poderá gozar dentro da programación estarán algunhas das bandas nacionais máis importantes que pasaron polo festival, como son Angelus Apatrida, Lendakaris Muertos ou Crisix. Outros artistas como Onza, True Mountains, Brothers Till We Die, Strikeback ou Wasted Wiltons tamén estarán presentes ao longo da programación. Haberá tamén eventos para todos os públicos, como Gansos Rosas (un concerto tributo aos Guns N’ Roses) ou sesións vermú gratuítas con artistas locais como Karras Martínez e DJ Llonas, ou Joni Ramos & Sunday Monday Club. Ademais, retransmitirase en directo a edición online do Resurrection Fest que terá lugar os días 28 e 29 de agosto, edición en streaming que contén un documental especial sobre o festival, actuacións inéditas, entrevistas exclusivas e moito máis. As entradas para os concertos de pago poñeranse á venda este xoves ás 12:00 horas na páxina web do festival e serán entradas nominativas con asentos previamente asignados, polo que serán persoais e intransferibles.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com