Un traballador do servizo de limpeza de Lourenzá ferido pola trituradora do seu camión

Faltaban dez minutos para as 13 horas cando un particular informou ao 112 Galicia sobre o accidente, que ocorreu diante dun supermercado da avenida da Mariña, no municipio lucense de Lourenzá. O alertador indicou que se trataba dun traballador da recollida do lixo que quedou atoado na trituradora do camión e era incapaz de liberarse.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.

Unha vez alí, os bombeiros procederon a excarcerar ao traballador, que seguía atrapado dentro do camión e, tras sacalo do vehículo, foi atendido polos profesionais sanitarios. Os medios no punto confirmaron que o home sufriu lesións nas pernas, pero permaneceu consciente en todo momento.

Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a valorar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que non tivo que intervir: o implicado foi finalmente atendido e trasladado a bordo dunha ambulancia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com