Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un operario que sufriu unha descarga eléctrica cando traballaba nunha subestación de Fonmiñá, na Pastoriza.
Foi un compañeiro quen, preto deste mediodía, alertou a través do 112 Galicia tras comprobar que a descarga deixou ao ferido sen fala.
Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron dotacións por terra e aire ao desprazar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Para colaborar co equipo médico, o 112 Galicia tamén informou aos membros do GES de A Pontenova e aos axentes da Garda Civil.