Un tremor de baixa intensidade produciuse esta noite en Outeiro de Rei

Esta madrugada, ás 01.50 horas aproximadamente, produciuse un tremor que se poido notar en moitas partes da cidade de Lugo. O fenómeno sísmico tivo o epicentro no Concello de Outeiro de Rei, a uns 22 quilometros de profundidade. En zonas onde non hai ruído a esas horas da madrugada, a veciñanza escoitou un forte balbordo que espertou a moitas persoas que xa estaban a durmir a esas horas. A cousa non pasou de anecdótica, xa que a intensidade 2.9, é baixa para causar dano algún .

Hai uns días produciuse outro de semellantes características. Os expertos opinan que é mellor que existan estes pequenos tremores porque liberan a enerxía de xeito máis controlado e isto pode facer que non se produza un que poida causar grandes danos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com