Un tren atropelou a un home á altura dun paso a nivel en Monforte de Lemos

Un octoxenario foi trasladado esta mañá ao Hospital Comarcal de Monforte despois de ser atropelado por un tren á altura do paso a nivel da Rúa Ramón Valle Inclán de Monforte.

Sucedeu ás 11:30 horas de hoxe no municipio monfortino, cando un home duns oitenta anos de idade foi golpeado por un tren no paso a nivel, pese a que as barreiras estaban baixadas e os sinais sonoros e luminosos activados.

Polo momento, descoñécense as causas do accidente, non obstante, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse ás forzas da orde co fin de esclarecer as circunstancias que rodearon este suceso.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias trasladaron ao ferido ao Hospital Comarcal de Monforte para ser atendido dos diversos traumatismos provocados polo impacto, aínda que, segundo sinalou o equipo médico, o señor estivo en todo momento consciente.

Cómpre indicar que este operativo activouse logo de recibir no CIAE 112 Galicia a chamada de alerta do persoal de ADIF, que confirmou o atropelo á altura do paso a nivel da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com