Un tren de pasaxeiros choca contra unha árbores no Vicedo

Cubría a ruta entre Ferrol e Oviedo e a bordo viaxaban oito pasaxeiros e o maquinista, que resultaron ilesos.

Pasaban poucos minutos do mediodía cando o 112 Galicia tivo constancia do acontecido, a través do persoal de seguridade de ADIF. Naquel momento, explicaban que o tren colidira contra unhas árbores á altura da parroquia San Miguel de Negradas, e que polo menos unha delas quedara enriba do convoi.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Ao mesmo tempo, desde ADIF comunicaban que o seu persoal encargaríase da retirada dos obstáculos e de remolcar o tren, tarefas que levan a cabo nestes momentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com